






Unha característica salientable da empresa é a atención personalizada, entendendo que cada cliente ten ideas que se poden plasmar coa ampla gama de produtos existente.
Cada proxecto é diferente, e o cliente dispón dun asesoramento especializado que lle levará á mellor elección, identificándose plenamente coa súa idea.

Empresa
A empresa comercializa firmas de gran prestixio e cunha calidade e marca contrastada. Algunhas delas son Ideal Standard, Gianni Versace, Hansgrohe, Uralita, Cerámicas Ibero Alcorense e outras.

Almacenes Aneiros pertence a Alcongal Sociedade Cooperativa, formada por máis de 28 empresas do sector con sede en Lalín (Pontevedra). A vinculación da nosa empresa a esta cooperativa facilita que a calidade e os prezos dos nosos produtos sexan moi competitivos no mercado.
A nosa experiencia é complementada coa constante asistencia a distintos congresos e feiras do sector, nos cales sempre destacan dous elementos fundamentais en cada proxecto, a luz e os espazos, evolucionando estes coas propias persoas.